Andando polo Río Baa, defendendo o patrimonio natural

Andando polo Río Baa, defendendo o patrimonio natural

12 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira “Andaina polo río Baa” celebraráse este sábado 14 de abril para dar a coñecer unha zona con especial interese medioambiental, que sofre distintas agresións. Os convocantes denuncian o depósito de áridos no lugar de San Lourenzo en Cabanas. Escabeza esta andaina reivindicativa a Plataforma de afectados polo Polígono de Vilar do Colo.

 O percorrido comezará ás once menos cuarto da mañá do sábado na estación de servizo de Vilar do Colo. Percorrerá o marco de San Lourenzo, o castro de Prismos e as ribeiras do río Baa. Sobre as 14:00 h. farase unha parada máis longa no muíño de petra para xantar, continuando logo pola canle do río que bordea o polígono industrial. César Martínez compara co incendio das fragas do Eume, o abandono deses outros lugares menos nomeados, como o rio Baa, pero tan importantes para a conservación do entorno natural. 

Organizan esta actividade: a Plataforma de Afectados polo Polígono de Vilar do Colo, Plataforma en Defensa dos Camiños, ADEGA, Verdegaia e a Sociedade Galega de Historia Natural.

Sociedade