Angel Bastida, baixa do Perlío para Cariño

Angel Bastida, baixa do Perlío para Cariño

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O capitán do Perlío Angel Bastida ainda non poderá xogar a vindeira fin de semana diante do Cariño. O equipo dos Pinares contá tamén coas baixas de Gonzalo e de Aitor para a próxima xornada da Segunda Autonómica de fútbol.

Bastida atopouse mal hai dez dias ao rematar o partido contra o Barallobre. Ao dia seguinte padeceu febre, e estivo uns dias ingresado nun centro hospitalario. Agora repousa no seu domicilio, pero ainda está pendente de máis probas médicas para completar o diagnóstico. Con total seguridade non poderá xogar este domingo, ao igual que Gonzalo e Aitor. Tres baixas importantes, segundo o adestrador do Perlío Fernando Alvarez. O equipo adestrará mañá xoves e o venres.
Deportes