Aniversario colectivo en Fene

Aniversario colectivo en Fene

11 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O mércores desta semana reuníronse nun restaurante de Fene - A Coruña- máis dunha veintena de mulleres para celebrar o seu Aniversario Colectivo. Ningunha cumpría anos precisamente ese dia, pero son mulleres da mesma xeración e ocorréuselles hai un tempo, reunirse unha vez ao ano para celebrar a amizade e o compañeirismo. Por iso brindaron, intercambiaron agasallos e repartiron un breve escrito de Carmiña  Seco con debuxo da pintora Lo

O texto dí:

“Un ano máis xuntámonos para conmemorar os respectivos aniversarios. Todas tivemos un ano intenso e apretado, pasamos os días facendo cousas e ás veces semella que non podemos aguantar pero aquí seguimos”... “ A nosa relación baséase na xenerosidade e no intercambio, onde cada unha da e recibe. Non podemos dar continuamente sen permitir que nos den”.

Na xuntanza non faltou de nada: un bo xantar e unha torta na que a pasteleira plasmou a foto de familia do ano pasado, en xelatina. Outra foto colectiva, ben entrada a noite, pechou o encontro, deixando no aire a cita para o 2015.

Parabéns a todas.

Sociedade