As Anpas de Fene abren o banco de libros de texto

As Anpas de Fene abren o banco de libros de texto

18 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As Anpas dos centros escolares de Fene encargaranse dende mañá dia 19 de recoller os libros de texto usados polo alumnado no ultimo curso escolar tanto en primaria como secundaria e bachelerato. Falamos das Anpas de Os Casais, O Ramo, Centieiras, Jorge Juan, Unitaria de Sillobre, IES Fene e A Xunqueira. O Banco de libros ábrese para aliviar a economía das familias e aforrar todo o que se poda en gastos escolares, segundo palabras da concelleira responsable da área Social,

Os libros deberán estar en bo estado de uso. No local dos SS SS en San valentín tamén recollen libros. O prazo de entrega será de mañá 19 de xuño ata o 5 de xullo. En Setembro abrirase outro prazo para o alumnado ques e examine nesa convocatoria, entre o 5 e o 11 dese mes.

Os alumnos-as ou pais e nais cubrirán unha peticiój d elibros para o proximo curso ao temnpo que entregan os deste. As Anpas comunicaranlles en tempo a data de recollida dos libros asignados. O ano pasado que foi a primeira vez que se fixo foron 103 os libros de texto prestados a través do banco.
P { margin-bottom: 0.21cm; }

Sociedade