As ANPAS de Fene levan á rúa a súa demanda de profesores de apoio

As ANPAS de Fene levan á rúa a súa demanda de profesores de apoio

28 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Trece nenos dos setenta e sete escolares matriculados no Colexio Os Casais de Maniños necesitan dun profesor de apoio en audición e linguaxe, unha porcentaxe moi alta, tendo en conta o censo do centro educativo. Coa nova planificación da Consellería de Educación, o colexio de Maniños compartirá o especialista en audición e linguaxe cos colexios de Centieiras e a Unitaria de Sillobre. As ANPAS dos centros afectados acordaron, nunha xuntanza a semana pas

Os colexios de Fene continúan con problemas. Os centros de Centieiras, Os Casais e Sillobre contarán cun único profesor especializado en audición e linguaxe. En total 48 alumnos veranse obrigados a compartir este docente. En concreto, dos 77 escolares dos Casais, 13 necesitan desta axuda, en Centieiras 16 dos 207 alumnos e na Xunqueira 19 dos 350 escolarizados.

“Os pais e nais temos que tragar con todo o que diga a Consellaría de Educación”, declarou esta mañá en Radiofusión María Del Carmen Martínez Pardo, da ANPA dos Casais. A directiva da asociación de pais e nais do colexio de Maniños asegura que non se pode consentir que nenos con distintos problemas teñan que saír en horario escolar para acudir a un especialista privado. “Trataríase dunha discriminación que non imos permitir”, sinalou Martínez Pardo .

Raquel Acedo da ANPA de Centieiras, cualifica esta situación de absurda e insuficiente xa que “unha soa profesora non pode facerse cargo dos tres colexios”. Pola súa banda, María Rivera do ANPA do colexio de Sillobre, asegurou descoñecer se este curso contarán cun mestre de apoio en audición e linguaxe.

O centro de San Valentín, A Xunqueira, é o único que semella ter resolta a cuestión. Segundo explicou a Radiofusión Silvia López, directiva da Anpa, “esta mesma mañá recibimos a notificación de que contaremos finalmente cun docente de apoio en audición e linguaxe para o centro”.

Así as cousas, as ANPAS dos colexios implicados acordaron adoptar unha serie de medidas. Concentraranse mañá ás doce do mediodía diante dos centros. Ademais están a recoller sinaturas entre os pais e cidadáns para denunciar esta situación.

Sociedade