Antía Yáñez; "Galicia ten moito que dicirlle ao resto do mundo"

Antía Yáñez: "Galicia ten moito que dicirlle ao resto do mundo"
22 de Febreiro, 2019 - 10:50 h. | Publicada por Radio Burela

“Eu adoito dicir que son da xeración Harry Potter, porque empecei a ler con él e tamén rematei coa súa serie” afirma a escritora Antía Yañez en Radio Burela. Confesa que comezou a ler os libros dos Cinco, ainda que logo comprendeu que ao estar escritos nos anos 50, non estaban adaptados ao século XXI. Antía profesa devoción por Agustín Fernández Paz. “Encantoume o seu libro “Contos por palabras” porque demostra que un home da miña terra que escribe na miña lingua pode chegar a ser traducido a moitos idiomas” manifesta a autora de “Senlleiras”.

ESCOITA O PODCAST:
Antía Yáñez na Feira do Libro de Burela

Programa especial Modelo Burela dedicado á obra literaria da escritora Antía Yáñez (Burela, 1991). Conducido por Karina Parga e Cristian Gómez Mesa, este documento didáctico contén colaboracións de Francisco Castro (Editorial Galaxia), Carme Cociña (IES Monte Castelo -Burela), Xulia Rodríguez (IES Urbano Lugrís-Coruña) e diversas representacións do público lector. Como complemento, inclúe catro temas musicais directamente relacionados co contido dos libros O Misterio de Portomarín (Galaxia, 2016) e Senlleiras (Galaxia, 2018)

Cultura

Publica o teu comentario agora