Antón Bao comprobou o estado final da rehabilitación da cuberta da Escola Habanera de Santaballa

Antón Bao comprobou o estado final da rehabilitación da cuberta da Escola Habanera de Santaballa

04 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O propio Bao comprobou “con satisfacción” esta recuperación, o que permitirá “que o edificio poida continuar co uso que se lle queira dar desde a Liga Santaballesa, e que se poida recuperar definitivamente para  que sexa un centro sociocultural na Terra Chá e sexa un modelo para poder observar in situ cal era a estrutura destas casas Habaneras, cal era a súa función e que teña vida propia, dinamismo propio e que sirva para dinamizar a cultural nesta zona”.

 

O mandatario provincial falou tamén da necesidade de buscar “fórmulas para desterrar as malas prácticas nas restauracións de edificios, e que permitan traballar respectando a arquitectura propia e tradicional”, porque “ás veces tentar cambiar este modelo remata por producir un deterioro do edificio”. Segundo o responsable de Cultura da Deputación “esta restauración supuxo poñer á vista todo un complexo sistema arquitectónico que en si mesmo é case unha obra de arte arquitectónica e que pode superar a calquera actuación arquitectónica moderna”.

 

Peso excesivo na cuberta

Esta reconstrución permitiu acabar co grave risco de derrubo da cuberta, produto da última reparación á que foi sometido, xa que se lle aplicou ao tellado unha capa de morteiro, que chegou a aproximarse aos 25 centímetros de espesor en determinadas zonas da mesma. Esta actuación supuxo un incremento do peso a soportar pola estrutura nun 170% o que ocasionou a aparición de numerosas gretas e a deformación das distintas fachadas da construción. Ante esta situación tívose que eliminar a citada capa de morteiro e volver a reconstruír o teito coa vella estrutura de madeira.

Sociedade