Antón Noceda propón un Centro de Recursos Comarcal

Antón Noceda propón un Centro de Recursos Comarcal

12 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O PSOE de Fene presenta o seu programa nun acto ás 8 da tarde en Agarimo – Sillobre. “Gobernar coa cidadanía” é o lema dos socialistas nestes comicios locais. Esta mañá na sede da agrupación socialista de Fene, Noceda deu conta dos seus compromisos de rexeneración ética, entre os que figura, no caso de ser alclade despois do 24 de maio, nunca cobrará máis do que percibe na súa actividade profesional actual. T

Defende por exemplo unha adecuación dos Servizos Sociais ao momento actual e propón a creación dun Centro de Recursos, a nivel comarcal, para atender as necesidades máis imperiosas da xente, como alimentación, roupa e mesmo pisos de alugueiro social.

Avanzou o candidato socialista que, de gobernar en Fene, revisarían a política fiscal que se veu aplicando dende que comezou a crise que fixo subir as taxas dun xeito esaxerado. Os socialistas actualizaránnas á baixa.
No apartado de cultura e ensino, o candidato socialista amósase máis aperturista. Aquí quere que as entidades e asociacións implicadas tomen parte no deseño das iniciativas.

Outro dos retos aos que facía alusión esta mañá Antón Noceda é pechar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal porque as cousas cambiaron moito dende que empezou a súa revisión e Fene ten que deseñar xa o seu futuro.

Sociedade