Antroidos a bailar

Antroidos a bailar
13 de Febreiro, 2020 - 12:52 h. | Publicada por Radio Fene

Entre o sabado 22 e o sabado 29, facendo un bocadillo cos dias grandes do Entroido, celebran a maioría das sociedades de Fene o Carnaval. De momento anuncian as súas festas a Liga de Amigos de Barallobre, o CMI Unidade de Fene e Agarimo de Sillobre. O Centro Sociocomunitario organiza un concurso de filloas e orellas o luns 24.

O caldiño no Círculo de Perlío

Todo está preparado no CCRD Perlío para a II Festa do Caldo que celebran este sabado dia 15 no casino. Música galega en vivo a partir das 20,30h e baile amenizado por Jorge Latino. A música rodeará a degustación do caldo que empeza ás 21.00h e non irá só. O menú complétase con xamón cocido con patacas, pan, viño e xeado. O prezo para os socios do CCRD Perlío será de 5 euros e os non socios deben pagar 10€. un prezo moi razoable. Quen reservara praza sentará primeiro e o resto irá cubrindo os sitios previstos.

Outras entidades fenesas prepáranse para celebrar o Entroido 2020.

Entre o sabado 22 e o sabado 29, facendo un bocadillo cos dias grandes do Entroido, celebran a maioría das sociedades de Fene o Carnaval. De momento anuncian as súas festas a Liga de Amigos de Barallobre, o CMI Unidade de Fene e Agarimo de Sillobre. En común teñen os bailes de disfraces infantil ou de adultos, pero Barallobre engadelle a maxia. A Liga de Amigos adianta ao sabado 22 a celebración, empezando ás seis d atarde coa Maxia do Entroidocon Leo-Leíño, un espectáculo interactivo e divertidopara todos os públicos e que rematará cunha chiculatada para os pequenos. Os maiores terán a súa cea- baile ese mesmo dia a partir das dez da noite co típico cocido e un baile de disfraces posterior amenizado polo dúo Session. Apuntarse na cea no local social.

O CMI Unidade de Fene tamén escolleu o sabado 22 para o seu baile de disfraces de adultos, a partir das 22h co trío “ mae de Caión” e premios ás mellores máscaras. O domingo 23, Fiestoke animará a festa infantil a partir da 17,30h.

Agarimo de Sillobre escolleu o sabado 29 para o seu baile de Carnaval. A partir das 22.00h comezaá a soar a música de Chechu. Contémplanse premios aos mellores disfraces. Antes, ás 18h terán festa infantiol con Fiestoke.

Aínda o Centro Sociocomunitario de Fene organiza un concurso de filloas e orellas o luns de entroido, o dia 24 de febreiro. O gañador ou gañadora de cada categoría recibirá un premio que fai bo o refrán que di: “Do porco cómese todo, desde o fuciño ata a punta do rabo”. A cesta de entroido contén, costela, botelo, chourizos, lacón cachola e rabo de porco. Cada participante elixe en que categoria se inscribe, debendo presentar a concurso unha ducia de orellas ou filloas. A elaboración faise no propio domicilio. Máis información ou inscripcion no propio Centro Sociocomunitario no Castro en Perlío. Pódese facer no teléfono 881 930 121.

Cultura

Publica o teu comentario agora