Ao florido balcón!

Ao florido balcón!

03 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O xurado do I Concurso de Decoración floral de Balcóns do concello de Ferrol púxose en marcha esta mañán polas ruas dos barrios da Magdalena, Ferrol Vello, Canido, Esteiro e A Graña, para examinar as balconadas que optan a premio. Ás 10,30 da mañán sairon do concello co obxectivo de seleccionar os mellores adornos florais, o edil de Maedioambiente, o enxeñeiro agrícola municipal, a técnica de medioambiente e un representa

O primeiro "Concurso de Decoración Floral de Balcóns" que organizou o Concello de Ferrol pretende implicar á cidadanía na creación de "minipulmóns" nas suas vivendas, aproveitando o inicio da primavera para decorar os balcons con prantas e flores. Fáise coincidir co Dia Mundial do Medioambiente o 5 de xuño.

Puntuaráse a harmonía no crecemento das plantas, a combinación de cores, a orixinalidade na composición floral e a calidade ornamental.

O fallo do xurado daráse a coñecer o sabado 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medioambiente. Outorgaránse tres premios aos tres balcones que estén mellor decorados, ademáis dos accésits que considere o xurado. Os premios serán simbólicos, o primeiro, un bono para asistir a todos os espectáculos programados para esta temporada no Teatro Jofre.

Sociedade