Apadriña unha árbore

Apadriña unha árbore

31 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

No paseo Marítimo de Praia Xardín (zona Saltiño, ao lado da pasarela, ás 11:30 desta mañá,  terá lugar unha nova prantación de árbores dentro do programa “Apadriña unha árbore” que leva a cabo a Concellería do Medio Rural en colaboración coa de Medio Ambiente e o colectivo Boiroverde.

Asistirá o alcalde, Xosé Deira Triñanes e o tenente de alcalde Xoán León Vidal, máis as sete parellas proxenitoras dos nenos que apadriñarán cada unha destas árbores.

Sociedade