Aparatoso incendio na Milagrosa en Lugo

Aparatoso incendio na Milagrosa en Lugo

29 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Un incendio de grandes dimensións declarouse pouco despois das catro da tarde na zona da Milagrosa, entre as rúas Mallorca e Menorca en Lugo. Ao parecer, o foco de lume localízase nun patio entre varios edificios, onde hai un almacén, polo que podería haber varios inmobles afectados. Varias ambulancias desprazáronse tamén ao lugar dos feitos, dado que podería haber varios intoxicados pola gran columna de fume, que pode verse desde practicamente t

A Policia local confirma que a orixe do sinistro localízase nunha tenda de material deportivo que quedou completamente calcinada. Quedou cortada ao tráfico a avenida da Coruña á altura do número 165. O dono do negocio máis afectado, cifra en 100.000 as perdas rexistradas polo lume.

Actualmente están a traballar no lugar do suceso todos os efectivos de bombeiros dispoñibles, mentres que na rúa hai centos de persoas expectantes. Segundo unha testemuña, varias persoas pediron axuda desde as xanelas do edificio. A policía acordoou o lugar, cortando a Avenida da Coruña. Ao parecer, as explosións que se escoitan proceden de líquidos inflamables como aerosois que hai no interior dun establecemento, da firma Marathon, onde poderían terse orixinado as lapas.

Sociedade