Aparcan a copa e van a pola liga

Maniños 7- Eume 0
03 de Decembro, 2019 - 02:11 h. | Publicada por Radio Fene

Á espera das semifinais da copa, O Cultural Maniños feminino xa cambia a mentalidade para empezar a liga o dia 15.

ESCOITA O PODCAST:

Logrouno. O Cultural Maniños feminino é segundo na clasificación e polo tanto pasa ás semifinais de copa. Unha competición que queda aprazada ao que remate a liga.O técnico do Maniños feminino, David Montero, afirmaba esta mañá que sairon a gañar, saíron cun equipo renovado e sacaron notable. Maniños 7 – Eume Deportivo 0.

O primeiro gol marcouse no minuto 16 e daí viñeron os seguintes; 2 de Xeila, 1 de Yoli, 2 de Rebe, 1 de Lucía e un golazo de Nuria. Angela segue recuperándose e agardan que esté para os inicios da liga. A liga empeza o dia 15 de decembro.

Os técnicos dan vacacións ata o dia 9 e despois a traballar porque estrean a liga co Galicia de Caranza no campo do Pote.

Deportes

Publica o teu comentario agora