Aperitivos

A escola de teatro Agarimo estrea o sabado 27 unha nova comedia.
25 de Abril, 2019 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

A directora da obra adianta que haberá sorpresas e emocións o sabado durante a estrea en Agarimo.

ESCOITA O PODCAST:
Agarimo teatro

A Escola de Teatro Agarimo de Sillobre estrea o sabado “Aperitivos” unha comedia divertida que porán en escea o sabado 27 ás 20h. Antes e despois da representación prometen sorpresas que non quixeron desvalar esta mañá en Radio Fene a súa directora, Maricarmen Martínez e o actor Bruno Aneiros. Son un total de once actores e actrices novos os que compoñen a Escola de Teatro Agarimo, garantindo o futuro da actividade teatral pola que sempre destacou esta sociedade.

O atraco a un banco, unha inmobiliaria, un catering, e un baul que preside a escena son elementos que xuntos pechan un argumento que de ningunha maneira podemos desvelar ata que chegue o dia da estrea. Mañá venres farase o último ensaio da peza que levan preparando desde o mes de setembro.

Cultura

Publica o teu comentario agora