Aportacións do COAG á Lei do Solo de Galicia

Aportacións do COAG á Lei do Solo de Galicia

29 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Colexio de Arquitectos de Galicia presentou esta semana, as súas alegacións ao Anteproxecto da Lei do Solo de Galicia a todos os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia (Grupo Mixto, Partido Popular, AGE, BNG e PSOE), unhas suxerencias baseadas no seu coñecemento e experiencia como profesionais do urbanismo.Desde a publicación o pasado 13 de outubro do Anteproxecto da Lei do Solo de Galicia, o Colexio de Arquitectos iniciou un proceso de

As alegacións ao Anteproxecto da Lei do Solo, presentadas polo Colexio de Arquitectos de Galicia, apóianse na necesidade de establecer un marco de estabilidade e seguridade xurídica para a regulación do urbanismo e a ordenación do territorio, e esixen unha “fonda reflexión” sobre a vixencia do sistema xurídico-urbanístico galego.Para acadar esa modificación lexislativa, o Colexio de Arquitectos de Galicia reclama un “amplo acordo” no que participen as forzas políticas, os Concellos e as institucións e axentes que interveñen no territorio. O Colexio de Arquitectos de Galicia considera precisa unha redefinición do actual sistema de ordenamento territorial e urbanístico para alcanzar un novo modelo de Lei do Solo de Galicia, que afectaría tamén ao conxunto de normas que inciden na ordenación do territorio. Igualmente, os arquitectos galegos solicitan unha revisión do sistema de planeamento no seu conxunto, en concreto do Plan Xeral Ordenación Municipal que necesita “maior flexibilidade, carácter estratéxico-director, menor complexidade e derivación dos contidos cara outros instrumentos de ordenación e normativos ”.

Para a Lei do Solo, o Colexio de Arquitectos non comparte o discurso de acabar co feísmo, xa que este enunciado do anteproxecto supón unha “simplificación da realidade” que se caracteriza polo desequilibrio territorial e o acelerado proceso de cambio económico, social e cultural que sofre a sociedade como consecuencia da globalización. Tampouco comparte a concepción da “paisaxe” como unha fotografía fixa e evocadora doutro tempo e realidade idealizada.

Continuando coa idea de que o camiño da recuperación económica atravésase mediante a reconversión dos sectores inmobiliario e da construción, con garantía dun modelo sostible e integrador desde o punto de vista ambiental, social e económico, é preciso reorientar o modelo de desenvolvemento urbano, ata agora dedicado fundamentalmente á produción de nova cidade, con actuacións enfocadas aos tecidos urbanos existentes (rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas).

Sociedade