#apostapolaculturalocal

O sector cultural de Ferrolterra movilízase pola súa recuperación
08 de Outubro, 2020 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

O sector da cultura e do espectáculo concéntranse o sabado 10 de outubro ás 12h na Plaza de Armas de Ferrol, movidos pola crise profunda que están a vivir.

ESCOITA O PODCAST:

Helga Méndez é actriz de Maquinarias Teatro e integrante da “Plataforma Cultura Ferrolterra” que ten convocado este sábado 10 de outubro ás 12 h na praza de Armas de Ferrol unha concentración á que está convocada a xente da cultura local e toda persoa que desexe apoiar aos profesionais do espectáculo, que sofren en extremo as consecuencias da crise sanitaria. Espectáculos suspendidos ou adiados por meses ou por un ano a causa da pandemia, deixaron ao sector en cueiros, sin contratos e sin ingresos. “Queremos cambiar termos como cancelación ou aprazamento por liñas de apoio e recuperación dos gastos que tiveron as empresas tras as cancelacións dos espectáculos” afirma Helga Méndez.

“Eu aposto pola cultura local” é o lema que preside esta chamada a que entidades e administracións boten unha man na recuperación de artistas e técnicos. A plataforma escribiu un manifesto que recolle as demandas do sector con medidas específicas para a nosa comarca. Hai dúas semanas abriron a páxina @plataformaculturaferrolterra en facebook onde a xente pode colgar vídeos ou fotos acompañadas do # plataformaculturaferrolterra ou #apostapolaculturalocal. “Agardamos que teña resposta e esperamos que a Mancomunidade de municipios da ría, obre en consecuencia” afirma Méndez.

A cidadanía pode apoiar o sector acudindo o sabado á concentración que ten un aforo marcado de 300 persoas, ou pode apoiar á cultura local a través das redes sociais. A plataforma Cultura Ferrolterra participa tamén das accións emprendidas a nivel galego e estatal pola plataforma “Alerta vermella. Sin cultura non hai futuro” integrada polos traballadores e traballadoras do espectáculo en xeral.

Cultura

Publica o teu comentario agora