Apróbase a normativa de uso das instalacións deportivas de Barraña (Boiro)

Apróbase a normativa de uso das instalacións deportivas de Barraña (Boiro)

08 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro vén de aprobar a normativa pola que, a partir do vindeiro día 18 de outubro, rexerá o uso das pistas deportivas de Barraña, inauguradas a principios do mes de agosto. A Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, manifestou que a normativa é unha ferramenta que permitirá “que as pistas poidan ser utilizadas polo maior número de usuarios posible e nas condicións máis óptimas que sexa posible”. Cabe sinalar

O uso das pistas continuará a ser de carácter gratuíto. O recinto deportivo construído na Avda. da Constitución foi financiado con cargo ao Plan E do Goberno central, cun investimento de 218.160 euros. Trátase de tres novas pistas, que conta co equipamento completo e as medidas estándar para a práctica de fútbol sala, tenis e baloncesto. 

Torres amosou a súa satisfacción pola elevado número de veciños que están a utilizar estas infraestruturas deportivas. “Estamos moi contentos pola acollida e o grao de satisfacción coas instalacións que nos trasladan os usuarios”, declarou. 

Sociedade