Aprazada a xornada sobre coches eléctricos

Aprazada a xornada sobre coches eléctricos
12 de Marzo, 2020 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

O IES de Fene ven de aprazar a xornada sobre coches eléctricos que ía desenvolver este venres. Varios poñentes de diferentes empresas xa comunicaron que non ían asistir por decisión das súas firmas como medida cautelar diante do andazo de coronavirus.

Antonio Álvarez e Juan Carlos Romero

Ían acudir a Barallobre de Institutos de Ferrol e Betanzos e por precaución, a organización decidiu aprazar o evento para unha data que se fixará en función da evolución dos acontecementos. O profesor Juan Carlos Romero manifestou a Radio Fene que a xornada se poderá celebrar antes de finalizar o curso ou en setembro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora