Aprazado o estudo do PXOM ata a vindeira semana

Aprazado o estudo do PXOM ata a vindeira semana

26 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Mesa de Contratación da revisión do Plan Xeral de Ordenamento Municipal de Fene volverase a reunir a vindeira semana. A mesa formada por expertos da Xunta e da Deputación con representantes do concello procedeu á revisión da documentación das empresas presentadas. A mesa examinou as ofertas, e acordou solicitar un informe xurídico en torno ás posibilidades de aceptar as 3 propostas que chegaron ao Concello.

En principio unha única empresa cumpre con todas as características definidas no plego de contratación. A mesa volveráse a reunir nun prazo de tempo de 7 ou 10 dias para volver analizar a documentación, unha vez que se conte co informe xurídico hoxe solicitado. A nova redacción do PXOM servirá para adaptalo á Lei do Solo de Galicia Deste xeito axilízaránse os trámites para facer obras despexaranse as dúbidas á hora de autorizar unha construcción. Así mesmo modificaranse as calificacións de determinados terreos das parroquias de Sillobre, Magalofes, Barallobre ou Limodre. Pasaran de ser solos non consolidados a solo rural,  terreos nos que se pode construir pero nos que os veciños non se farán cargo dos servizos como o abastecemento de auga ou alcantarillado. Segundo o alcalde de Fene, Iván Puentes, “queremos un plan de urbanismo que respete o desenvolvemento sostible”.

Na nova redacción recolleranse as futuras oportunidades de medre como a ampliación do polígono industrial de Vilar do Colo ou as sendas de costas. Un Pxom que ten que estar adxudicado antes de finais de ano.

Esta mañá tamén se procedeu á sinatura das escrituras do Punto Limpo de Vilar de Colo. Os alcaldes de Fene e Cabanas procederon a asinar este acordo e agora só resta a xestión da xunta para a súa formalización.

No pleno extraordinario que se celebrará esta tarde aprobaranse as ordenanzas fiscais. O punto principal será a delegación á Deputación provincial de determinados tributos. Con esta actuación darase mellor servizo aos veciños/as de Fene e axilizarase o tratamento fiscal do propio concello.

As vantaxes que ofrece este traspaso á Deputación de tramitación dos tributos son diversas. Os niveis de recadación do organismo provincial son mellores e libérase ao concello dun traballo administrativo importante. Os contribuíntes feneses non se verán perxudicados con esta medida. Os que teñan domicialidado o seu pago o continuarán facendo. Os que non,  poderán facer os seus pagos na Casa do Concello, como era habitual, pois se achegarán persoal da Deputación nuns días determinados para o seu cobro. O cobro nas parroquias sí que se perde, aínda que como afirma Puentes aos veciños que non se poidan achegar ata o concello para pagar os seus impostos se lles facilitará esta labor.

Institucional