Aprenden a montar placas solares

Aprenden a montar placas solares

11 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Ordes será a sede dun dos cursos enmarcados dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación que ten como obxectivo impartir accións formativas. Un curso sobre enerxía térmica, que dará comenzo o próximo luns día 14 de xuño, e no que se ensinará aos participantes, que serán desempregados, a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas.

O curso, que será inaugurado polo alcalde de Ordes, Manuel Regos, o próximo luns ás 11 horas na aula da primeira planta da Casa da Cultura, constará de 529 horas lectivas e servirá ademais como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade. Finalmente serán 18 persoas de toda a zona as que participen nesta acción formativa.

Tal e como explicaron dende o Concello esta iniciativa pódese levar a cabo grazas á Deputación, ao propio Concello e á empresa Couselo, pioneira neste sector, que cede as súas instalacións para a realización das prácticas do curso.

Sociedade