Aprender a convivir

Aprender a convivir
14 de Xullo, 2020 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

A Escola de futbol sala do CMI Unidade de Fene mantén aberta a inscripción a novos alumnos e alumnas para empezar en outubro unha nova temporada nas diferentes categorías.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Gogas, director da Escola do CMI Unidade de Fene.

http://173.255.131.18/audio/140720MARTINEZ.mp3

Os do ano pasado xa renovaron e agora permanece aberto o prazo para as novas inscripcións ata finais de agosto. A Escola de Futbol sala do CMI Unidade de Fene acolleu o curso pasado ata 90 nenos e nenas nas súas correspondentes categorías, baixo a dirección de Juan Carlos Martínez Otero (Gogas) quen foi un dos puntais do vello Boanzanza de Fene. Este ano tentarán contar coas mesmas categorías: senior ( na liga local de Ferrol), Infantil (campións de liga na última temporada), dous equipos alevíns, dous benxamíns, un prebenxamín e un de biberóns. As nenas poden competir en todas as categorías ata infantil.

“A Covid19 paralizou todo, afirma Gogas, quedou todo tal e como estaba. Tiñamos dous equipos que podían ser campións de liga pero o máis importante era a saúde dos nenos”. Neste momento están abertos os prazos para inscribir aos equipos ata o mes que ven pero non se sabe cando empezará a nova temporada. Se todo marcha ben e libramos de novos rebrotes, debería empezar no mes de outubro. “Seguir formando aos nenos, que aprendan a convivir máis que a competir é a nosa misión” declara o ex xogador do Boandanza e actual director da Escola do CMI Unidade de Fene que utiliza o pavillón de A Xunqueira para os adestramentos. “Se non abriran a tempo os pavillóns, teríamos que utilizar as pistas do CMI para a pretemporada” asegura Juan Carlos Martínez quen é consciente da importancia de contar cunha infraestructura como a dos pavillóns de Fene para o inverno.

“O futbol sala é un deporte con peso en Fene, aos nenos gústalles”. É consciente Gogas de que o peso do Boandanza tirou moito deste deporte nos seus anos e “o CMI fillo moi ben o seu labor” . Ata finais de agosto permanece aberta a inscripción para facer as fichas das competición, pero a escola do CMI deixa aberta a matrícula todo o ano para novas incorporación á disciplina da escola.

Deportes

Publica o teu comentario agora