Aprender a montar placas solares

Aprender a montar placas solares

02 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes será a sede dun dos cursos enmarcados dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación que ten como obxectivo impartir accións formativas.  Trátase dun curso sobre enerxía térmica no que se ensinará aos participantes, que deberán ser desempregados, a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas, que constará de 529 horas lectivas e que servirá ademais como a

O prazo de inscrición para participar neste curso permanecerá aberto dende o 5 ao 30 de abril no departamento de Emprego, Industria e Comercio do Concello de Ordes. Haberá un número de prazas limitadas e poderán inscribirse non só veciños de Ordes, senón tamén dos municipios da comarca e tamén de Carral.

A lista de admitidos no curso farase pública na segunda quincena do mes de maio e está previsto que as clases dean comenzo o día 1 de xuño.

Tal e como explicaron dende o Concello esta iniciativa pódese levar a cabo grazas á Deputación, ao propio Concello e á empresa “Couselo Raña”, pioneira neste sector, que cede as súas instalacións para a realización das prácticas.

Os interesados poderán obter máis información acerca do curso no departamento de Emprego, Industria e Comercio do Concello, situado na segunda planta da Casa Consistorial.

Sociedade