Aprender xogando con imaxinación e igualdade

Aprender xogando con imaxinación e igualdade

04 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Medrar e aprender xogando con imaxinación e igualdade. As galescolas queren dar resposta a esa necesidade dos nenos e nenas desde unha rede pública, segundo se puxo de manifesto na concentración realizada esta tarde na Praza do Concello de Fene (A Coruña) en defensa deste proxecto educativo innovador e en galego. Arredor de 500 persoas asistiron ao acto no que cantou o grupo Mama Cabra. Entre os presentes figuraban os concelleiros do BNG Edgar Vigo e Inés Roca e do PP Gume

Os convocantes defenderon igualmente a lexitimidade dos procesos selectivos do persoal das galescolas e a legalidade dos procesos en marcha. A galescola de Fene cumpreu xa o seu primeiro aniversario e gábanse de contar cun plan pedagóxico onde se inclue o traballo compartido entre a familia e a escola, a aposta pola parella educativa, o traballo conxunto en equipa e en rede e o crecemento pedagóxico mutuo e a retroalimentación do proceso educativo a través da formación continua. A totalidade dos pais e nais dos nenos e nenas do centro compareceron o pasado xoves en rolda de prensa en apoio da movilización desta tarde.

Sociedade