Aprobada a proposta do POS 2020 para Fene

O investimento total das obras a realizar en Fene no POS 2020 ascende a 636.000€
19 de Decembro, 2019 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Pleno extraordinario de Fene, celebrado ás 8,30h de hoxe, aprobou o Plan de Obras e Servicios 2020 da Deputación provincial. Prosperou cos votos favorabeis do PP e as abstencións de BNG, PSOE e EU.

ESCOITA O PODCAST:

O pleno de Fene aprobou a primeira hora da mañá a proposta da alcaldía cos proxectos para o POS da Deputación Provincial no 2020. A proposta prosperou cos votos favorables do grupo municipal do PP e a abstención de BNG, PSOE e EU. As tres forzas políticas da oposición argumentaron a súa postura explicando que as obras son necesarias e son un ben para a veciñanza, pero protestaron polo retraso do pleno, convocado ata tres veces, que se celebrou o último dia de prazo para presentar os proxectos no organo provincial. Achacaron esta circunstancia á “incompetencia do goberno”.

O Plan + 2020 incorpora as seguintes obras:

Pavimentación e mellora de servizos na rúa Alcalde Gerardo Díaz cun orzamento previsto de 232.412€;

Pavimentación e saneamento no lugar de Cornide presupostado en 105.044€ e

Substitución de carpinterías exteriores e remodelación dos baños da casa do concello (243.676€). (Na imaxe os ventanais da casa do concello de Fene).

O Plan complementario do 2020 inclúe as obras:

Pavimentación da rúa Muíños e Francisco Malvar. (131.263€),

Reurbanización do entorno das Torres 1,2 e 3 en San Valentín ( 199.794€) e

Primeira fase da área recreativa de San Valentín ( 60.725€).

Os grupos da oposición coincidiron en reclamar que se teña en conta a decisión adoptada en pleno, de velar pola accesibilidade nas obras que se emprendan no futuro. Semella que no proxecto do entorno das torres en San Valentín non se tivo en conta. O alcalde afirmou que se mirará de modificalo para acadar a "cota 0". O voceiro do BNG significou tamén que hai obras que quedaron sen facer do POS do 2018 que non se incorporaron agora.

Institucional

Publica o teu comentario agora