ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Aos libreiros, precisamente, adicará esta tarde o seu pregón o escritor Vicente Araguas no acto de inauguración da Feira do Libro de Ferrol, lembrando as suas incursións infantís na vella biblioteca municipal de Ferrol e nas librerías de vello da cidade. Nesta edición, a cifra de casetas abertas dende esta mañán é de 12 e, entre elas, inclúense librarías de Ferrol e doutras cidades de Galicia. Máis unha v
O escritor e poeta nedense Vicente Araguas será o encargado de inaugurar a Festa da Lectura, do Libro e da Palabra que se celebrará no Cantón de Molíns ata este domingo, 25 de abril. Ás 19.30 h tomará o relevo de Suso de Toro ou Manuel Rivas, quen nas edicións de 2009 e 2008 leron o pregón desta primeira cita literaria de Galicia, que inclúe desde concertos didácticos, presentación e sinaturas de libros ou sesións de contacontos a unha maratón de lectura, exposicións, charlas-coloquios, conversas con escritores, obradoiros de elaboración de libretas e marcapáxinas ou xogos populares.
A estas propostas súmanse actividades dirixidas a centros de ensino, entidades e público en xeral. Unha delas ás 18.00h da tarde na sede da Fundación Caixa Galicia é a presentación do libro "Lingua e Futuro", promovida polo Concello de Ferrol. Este volume está coordinado pola profesora Goretti Sanmartín, directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e editado por Edicións Laiovento.
A feira distribue os seus escenarios, ademais do Cantón de Molíns, no Centro Cultural Carvalho Calero, na Biblioteca Municipal da Praza de España, no Teatro Jofre e a Fundación Caixa Galicia. No acto inaugural desta tarde actua o Real Coro Toxos e Froles, e interveñen o alcalde, Vicente Irisarri, e a concelleira de Educación e Cultura, Mercedes Carbajales. Araguas presentará despois o seu libro Xuvia- Neda, acompañado do director do Diario de Ferrol, Xermán Castro, e do musico Roger de Flor.