Arcade celebra o Dia Mundial da Poesía

Arcade celebra o Dia Mundial da Poesía

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A biblioteca municipal de Arcade Soutomaior celebra esta tarde o Día Mundial da Poesía cun Recital Poético-Musical. A partir das 20:00 horas e baixo o título “Amor e desamor”, 12 escritores da provincia de Pontevedra recitarán poemas de Benedetti, Neruda, José María Pemán, Campoamor, Bécquer, Homero Aridjis, Benitez Carrasco, e Buesa, entre outros.

O espectáculo durará 50 minutos e entre os poemas intercalaranse pezas musicais, algunhas cantadas e outras acompañadas ou interpretadas ao piano, guitarra e acordeón.

Un acto que serve tamén para inaugurar a programación coa que celebran o 25 aniversario de existencia da biblioteca.

Sociedade