Arde Nostián na xornada de folga do lixo na Coruña

Arde Nostián na xornada de folga do lixo na Coruña

27 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Inflamouse o inicio da xornada de folga no servizo de recollida do lixo na Coruña que se desenvolve dende as once da pasada noite en solidariedade co cadro de persoal de Albada, a empresa responsable do tratamento de refugallos na planta de Nostián. As instalacións desta fábrica arderon contra a medianoite, erguéndose dúas columnas de fume de 15 metros de altura, como resultado da queima dunha cinta transportadora e dúas naves da instalación, unha dela

Os comités de Albada encargados da limpeza viaria e recollida de residuos na cidade herculina e os municipios limítrofes, da planta de Sogama e do vertedoiro de Areosa, convocaron para hoxe unha manifestación, que conta co "apoio" de comités de empresa da limpeza e recollida de residuos de Ourense, Lugo ou Narón (A Coruña), entre outros. A manifestación partirá ás 12.00 horas dende a praza de Pontevedra para finalizar na praza de María Pita. A protesta terá como lema 'Non á estafa do lixo, non á reforma laboral. Polo emprego, os convenios e os dereitos laborais'.

Os traballadores da planta de tratamento de residuos de Nostián levan un mes de paro contra os despedimentos de varios compañeiros e a pretensión da empresa de rebaixarlles as condicións laborais. Os sindicatos critican que o Concello herculino, en mans do PP non quixo mediar no conflito. Onte o edil Julio Flores acusou ás partes implicadas de “marear a perdiz” e dixo que se teñen verdadeira vontade de resolver o problema, deberan acatar unha arbitraxe da Xunta sobre a materia.

O presidente do comité sostén que “nós estamos abertos a calquera solución”, ao tempo que reclama que “o Concello ten que mediar e xa o tiña que ter feito dende o primeiro día”. Vilariño anima a cidadanía a participar na protesta de hoxe “para que non se lles cobre o recibo do lixo, xa que non se está a tratar mentres dura a folga”.

Sociedade