Arelas de liberdade

Eugenia Sanmartín: "A obra de Rosalia de Castro desprende arelas de liberdade"
05 de Decembro, 2018 - 08:46 h. | Publicada por Radio Fene

“A obra de Rosalía de Castro desprende arelas de liberdade” afirma Eugenia Sanmartin, autora e directora da obra de teatro “Rosalía, poeta na beira do mar”. A autora de Cantares Gallegos “móllase” coas persoas máis desfavorecidas, coas mulleres, cos labregos e tamén coa nación galega.

ESCOITA O PODCAST:
Eugenia Sanmartín, autora e directora teatral

“Quixemos construir unha humilde homenaxe a Rosalía de Castro inspirada no poema Si a vernos Marica nantronte viñeras, á festa do Seixo na beira do mar” indica Sanmartín.

Trátase de recrear desde un punto de vista teatral e lúdico a festa do Seixo arredor de 1853, coa participación dunha Rosalía nova, atenta e defensora da identidade de Galicia.

Na trama “unha muller actual do Seixo, mestra, emigrante e gaiteira, Marica, fala coa súa avoa, unha contadora da casa. Tamén abordan a problemática e a sensibilidade feminina no dia de hoxe”. A peza “Rosalía, poeta na beira do mar” represéntase polo grupo Teruca Bouza este xoves seis de decembro ás oito da tarde na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega no Seixo en Mugardos.

Cultura

Publica o teu comentario agora