Ares foi estes dias plató da película sobre Concepción Arenal

Ares foi estes dias plató da película sobre Concepción Arenal

29 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Ares- A Coruña- Julio Iglesias, visitou esta mañán a rodaxe de “A visitadora de prisións”, película producida por Zenit TV e Distinto Films, en coproducción con TVG, Televisió de Catalunya e TVE, e baseada nun aspecto do traballo de Concepción Arenal. Durante case duas semanas rodouse no Mosteiro de Santa Catarina.

Iglesias compartiu uns momentos con parte do equipo de producción e dirección e do destacado elenco de actores e actrices, con Blanca Portillo como principal figura, que hoxe rematan a rodaxe no mosteiro de Santa Catalina, un dos escenarios principais da rodaxe. O rexedor destacou a importancia deste filme e do seu argumento pola relevancia histórica da súa protagonista, ao tempo que fixo fincapé na imaxe que se proxecta de Ares, municipio que aspira a vivir do turismo, grazas a iniciativas como esta e doutras similares, como Padre Casares, que se grava en Redes, ou Doentes, que tamén se rodou en Santa Catalina.

“A visitadora de prisións” está dirixida por Laura Mañá e conta entre os seus actores e actrices con Mabel Rivera, Óscar Rabadán, Concha Galán, Patricia Vázquez, Candela Fernández, Paula Carballeira e Isabel Naveira.

Sociedade