A Armada oferta 550 prazas de mariñeiría en 2021

A Armada oferta 550 prazas de mariñeiría en 2021
26 de Xaneiro, 2021 - 10:51 h. | Publicada por Radio Fene

As Forzas Armadas presentan unha oferta de emprego para o 2021. O Organismo de Apoio Personal en Ferrol abre as súas portas para ofertar e informar sobre as 550 novas prazas para a Armada.

O Ministerio de Defensa publicou un total de 3.340 prazas, correspondentes ao Primeiro Ciclo de Selección da convocatoria de 2021 de acceso á condición de Militar de Tropa e Mariñeiría. Ao Exército de Terra correspóndenlle 2.150 prazas, á Armada 550 e ao Exército do Aire 640. Das 550 prazas ofertadas pola Armada para Militares de Tropa e Mariñeiría, 366 prazas son de Mariñeiría e 184 de Infantaría de Mariña, coa seguinte distribución:

- 119 prazas para buques e unidades da zona norte (109 de CG e 10 IM)

- 325 prazas para buques e unidades da zona sur (188 de CG e 137 de IM)

- 70 prazas para buques e unidades da zona de levante (60 para CG e 10 de IM)

- 08 prazas de IM para unidades da zona centro (para a AGRUMAD)

- 28 prazas para os buques e unidades de Canarias (9 de CG e 19 de IM).

En canto ás da zona norte, 117 corresponden a especialidades do Corpo Xeral con destinos en Ferrol, Tuy, Marín, San Sebastián e Bilbao, e 10 prazas son para o Terzo do Norte, 2 delas con especialidade de música. O proceso de selección durará até comezos de maio. Os opositores seleccionados terán que facer a súa presentación nas respectivas Escolas de Formación o 24 de maio de 2021, para iniciar o seu proceso de adaptación e formación de aproximadamente 7-8 meses. Unha vez finalizado o seu período de formación, pasarán destinados a diferentes unidades da Armada.

Entre os requisitos que se esixen, os aspirantes deberán ter entre 18 e 28 anos, e posuír como mínimo o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). A partir de hoxe pódese solicitar cita previa para participar no proceso selectivo, até o 8 de febreiro inclusive, nas oficinas do OAP en Ferrol (1º piso do Edificio de Herrerías), na Subdelegación de Defensa da Coruña, e na súa oficina delegada en Ferrol na Rúa Cuntis. Igualmente e sempre que estea dispoñible, a cita previa poderase solicitar por vía telefónica nos teléfonos 902 43 21 00 / 91 308 97 98, e a través da páxina web do Ministerio de Defensa www.reclutamiento.defensa.gob.es.

Institucional

Publica o teu comentario agora