ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pechar os ollos, deixar voar o maxín e ulir fraganzas tan naturais como o tomiño, o xazmín, o sándalo ou o limón xa é posible grazas á exposición “Por narices. Esencias y fragancias naturales”. A mostra inaugurouse esta mañá en Ferrol. Organizada pola Obra Social “La Caixa” percorrerá gran parte da xeografía española e permanecerá na cidade departamental ata o venres 23 de abril. Os visi
O mundo dos aromas chega a Ferrol. O público poderá coñecer distintas prantas aromáticas e especias, frores, froitas e animais ou as bases científicas da olfacción. Ademais afonda nos aspectos culturais e históricos da relación do ser humano co mundo dos olores e as lembranzas evocadas polos mesmos.
“Por narices”, percorre o territorio usando como plataforma multidisciplinar un tráiler. A exposición, sita no interior, emprega un innovador sistema de contenedor automatizado para a conservación e preservación da complexa mestura de gases, vapores e pós cos que se elaborou cada fraganza. O tráiler conta ademais con distintos módulos expositores pechados mediante metacrilatos, xerando unha atmósfera de silencio e escuridade para que os olores sexan os únicos protagonistas do momento.
A mostra pódese visitar no Cantón de Molíns, de luns a venres de nove da mañá a unha da tarde e de tres da tarde a oito do serán. Os sábados, domingos e festivos de once a unha da tarde e de seis a oito. A entrada é gratuíta.