Arquitectura conectada co entorno

Arquitectura conectada co entorno
19 de Xullo, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Oleiros

A arquitectura debe estar conectada co seu entorno, afirmaba o arquitecto Rafael González Villar. Iso non lle impediu coñecer o modernismo en París e Bruxelas. Construíu a Casa Carnicero -incendiada esta semana en Oleiros- e tamén a Casa do Pobo de Betanzos. Participou no concurso para construír a nova sede do periódico norteamericano Chicago Tribune. 

Casa do Pobo de Betanzos

Don Xesús Garcia Naveira morreu en Arxentina en accidente de tráfico no 1912. Deixou un legado de 50.000 pesetas para que as sociedades obreiras construísen unha Casa do Pobo. Recibiu o encargo González Villar e se levantou en 1918. Ata 1936 cumpriu a súa función, pero tras o golpe de estado de xullo de 1936 foi incautada e vendida a particulares. 
Os Subelas
Don Xoán María Garcia Naveira, ao chegar de retorno da súa emigración a Arxentina, mercou unhas brañas na zona do Carregal. Converteunas nunha enorme e pintoresca finca de ocio e recreo á que chamou o "Pasatempo". Chegou a ser unha atracción turística. No nivel baixo, hoxe desaparecido, situábanse as zonas de paseo, con fontes, estatuas e un grande estanque. O nivel superior componse de tres terrazas sucesivas adaptándose ao terreo. Aquí outro estanque, grutas artificiais, altorrelevos, estatuas e unha infinidade de cousas curiosas.
Don Xoán e o seu irmán Don Xesús, tamén impulsaron outras obras benéficas: o lavadoiro cuberto das Cascas, (1902) o Asilo de Anciáns e as Escolas Garcia (1914) segundo indica Xesús Torres no libro Betanzos na historia. 

Obras de Rafael González Villar.~: Quiosco Alfonso, paseo de Méndez Núñez, A Coruña, 1912; Chalé Rialeda, Perillo-Oleiros, 1912-1913; Monumento a Concepción Arenal, A Coruña, xardíns de Méndez Núñez, 1914; Casa Molina, rúa Santiago 2, A Coruña, 1915; Casa do Pobo, Betanzos, 1918; Café Kiki, logo edificio Castromil, Santiago de Compostela, 1922 (desapar.); Banca Núñez, Betanzos, 1923; Chalé Companioni, Cidade Xardín, A Coruña, 1927; Vila Molina, Cidade Xardín, A Coruña, 1928; Cine Avenida, Cantón Grande, A Coruña, 1937; Vivendas de aluguer, rúa Ramón de la Sagra, A Coruña, 1939; Cine Capitol, rúa dos Anxos, n.º 5, Betanzos 1940.

 

Bibl.: VV. AA., Rafael González Villar e a súa época, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), 1975

Cultura

Publica o teu comentario agora