Arranca a Liga feminina de futbol

O Perlío feminino será o primeiro en sair ao campo da Gándara eumesa, o sabado 14
13 de Decembro, 2019 - 12:57 h. | Publicada por Radio Fene

Os equipos femininos de futbol 7 e os masculinos da segunda galega de fútbol, preparados para encarar unha nova xornada deportiva. O Perlio feminino xoga o sabado, o resto o domingo.

ESCOITA O PODCAST:

Liga Futbol 7 feminino

Arranca a Liga de futbol-7 feminino na comarca de Ferrol. Empeza mañá sabado o Perlío co enfrontamento co Eume Deportivo no campo da Gándara de Pontedeume. Tocoulle xogar mañá sabado ás 18:15h. Arbitra Antón Pena Landeira. O técnico Juanjo Lorenzo empeza a liga cun desexo non moi esixente, acabala mirando para arriba e non para abaixo.

O Cultural Maniños empeza forte recibindo no campo do Pote ao Galicia de Caranza, o seu sempiterno rival. O técnico, David Montero, xa está afeito a este equipo que non deron pillado na copa. Pero non está todo dito. O partido xógase o domingo 15, ás 12:00h. Arbitra, José Santos Mato.

Nova xornada da Segunda Galicia de fútbol.

Rápido de Neda - Maniños. Domingo ás cinco da tarde no campo municipal de Neda. Pitará Roberto Díaz. O técnico do Maniños, Pablo Mesa, sabe que está diante dun candidato a gañar esta competición.

Perlío- Numancia de Ares. Domingo ás catro da tarde no campo dos Pinares. Arbitra Martín Aguilar. O Perlio descansou na primeira xornada así que se estrea co Numancia, un equipo correoso que sempre llo pon moi difícil pero Chechu Piñeiro confia no seu equipo.

Barallobre - Ortigueira. Domingo ás catro e cuarto da tarde no campo do Ramo. Dirixe o colexiado Diego Bouza. O mister do Ramo, Oscar Varela, recoñece que non sabe moito do rival pero amósase seguro que o Barallobre pode gañar a calquera.

Descansa nesta xornada O Pote.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora