Arrancan os preparativos do festival de cine árabe AMAL cun programa fílmico que aspira a superar a demanda de 2008

Arrancan os preparativos do festival de cine árabe AMAL cun programa fílmico que aspira a superar a demanda de 2008

07 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A sétima edición do festival AMAL de cinema árabe, que organiza a Fundación Araguaney en Santiago de Compostela, ampliará a súa oferta fílmica e os días de duración --do 23 ao 31 de outubro-- en 2009. Este evento, en 2008, acadou unha inmensa participación de público con máis

O comisario do festival, Ghaleb Jaber, destacou a "expansión da imaxe de AMAL" e a intención de "achegar entre si dous mundos", como son a realidade árabe á sociedade galega e viceversa. Así, destacaron o convenio de colaboración entre AMAL e a TVG polo que a televisión pública galega incidirá en tarefas de promoción "intensa" e tamén comprará os dereitos dunha das películas que se proxectarán no festival para a súa posterior emisión na canle.Ghaleb Jaber valorou este cinema necesario, que comparou cunha "cultura da paz" e lamentou que o mundo árabe e a cultura oriental sofren un momento de extorsión por parte de varios ámbitos. O comisario valorou que todas as películas proxectadas estean subtituladas ao castelán e o "incrible traballo" para que o público galego acceda a estas obras. O comisario do festival, Ghaleb Jaber Martínez, e o director xerente da Televisión de Galicia (TVG), Xesús Iglesias, destacaron a "necesidade" de ascendelo "o máximo posible" para "dar a coñecer este cinema e esta cultura en Galicia".

Este ano, a oferta fílmica do festival AMAL terá lugar en tres lugares diferentes da capital galega, que serán o Teatro Principal; a sede da Fundación Caixa Galicia na Rúa do Vilar; e o salón de convencións da Fundación Araguaney. Así mesmo, celebrarase un ciclo específico para nenos no que se proxectarán longametraxes e curtos de animación.

 

Sociedade