Arredemo e Os Fenéticos no Pote

Arredemo e Os Fenéticos no Pote

11 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con ilusión e moito empeño están a dar os seus primeiros pasos no mundo da música Os Fenéticos e Arredemo, dous grupos nacidos ao abeiro do IES de Fene que este venres serán protagonistas dun concerto na Sociedade O Pote de Maniños. A iniciativa xordiu do equipo directivo do centro.

Rocío, Pablo, Félix, Ricardo, Diego, Hugo e Juan Ramón forman Arredemo, un grupo que naceu o ano pasado por iniciativa da mestra de música do instituto. O mesmo que Os Feneticos, formación na que se integran Rubén, Xano, Laura, Leonardo, Nerea e Félix. 

Aínda que todos son rapaces moi novos e a maioría carecen de formación musical, tódolos mércores se reúnen para ensaiar. Aseguran estar encantados e moi ilusionados cos seus proxectos musicais aínda que recoñecen que os comezos son difíciles.   

O Festival Musical que organiza o IES de Fene na Sociedade O Pote de Maniños comezará o venres ás oito do serán.  

Cultura