Arredor de 800 euros por neno custa o comezo do curso escolar

Arredor de 800 euros por neno custa o comezo do curso escolar

07 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O mes de setembro presentáse unha costa arriba para os petos dos pais . Co comezo do curso escolar, os gastos disparánse . Mercar roupa, uniformes, libros, material escolar fan deste mes unhas datas na que as carteiras quedan esgotadas. Ata 800 euros por neno pode implicar a volta a cole. Unha cifra importante dada a situación de crise na que estamos mergullados.

O consumidor é un gran experto á hora de comprar, segundo explicou para Radiofusión, o responsable da Oficina de Consumidores de Ferrol, Jesús Chico. O experto recomenda que se comparen prezos entre as grandes superficies e as librarías e axustarnos as nosas posibilidades.

Dependendo do colexio, se hai que adquirir uniforme ou non, os pais gastarán unha media de 800 euros por neno neste arranque de curso. Que non nos dean gato por lebre, advirte Chico. O agasallo dun bono para material escolar serve para engatusar á xente para mercar no seu establecemento. Comparar e comprar con criterio son algúns dos ingredientes axeitados para chegar a finais de setembro un pouco desafogados.

Sociedade