Arrerú e Happy Gospel abren o Nadal

Un espectáculo para pequenos e música para os maiores
14 de Decembro, 2020 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

Abre o prazo de reserva de entradas para as actuacións de Rilo&Penadique e Happy Gospel no Concello de Fene. Presentan o xoves 17 "Arrerú" na Casa da Cultura para o público infantil. O venres 18 chega o gospel á igrexa nova de Maniños.

En vísperas do Nadal, a compañía de “Rilo&Penadique” achégase este xoves á Casa da Cultura de Fene para presentar “Arrerú”, espectáculo para crianzas até os 4 anos. A función comezará ás 18 horas con entrada de balde e aforo limitado (15 nenos/as acompañados dunha persoa adulta). Para asistir a esta actividade cómpre reservar entradas na Biblioteca Municipal de Fene (tfno 981 342 302) até o mércores desta semana, en horario de tarde (de 16.00 a 21.00 horas).

Tamén esta semana terá lugar o tradicional concerto de Nadal que organiza a Concellería de Cultura e que este ano terá como protagonista ao quinteto vocal “Happy Gospel” que actuará o venres 18 ás 20.00 horas na igrexa nova de Maniños. Novamente, a entrada será de balde e o aforo limitado. Reserva de entradas, até o propio venres no Departamento de Cultura do Concello de Fene, chamando ao 981 340366 en horario de 8.00 a 14.00 horas. Atendendo aos protocolos para facer fronte á Covid 19, recoméndase que as persoas que asistan a calquera destas funcións cheguen, alomenos, con 20 minutos de antelación ao comezo das mesmas.

RILO & PENADIQUE, “ARRERÚ”

Rilo&Penadique é unha empresa de recente creación que une os talentos de Vero Rilo e Sonsoles Penadique para contar historias e música. Vero Rilo ten unha longa e consolidada traxectoria como contacontos. Á cabeza de Daboapipa trasladouse, cun formato que combina música e narración oral, diversos espectáculos para público adulto e infantil, de toda Galicia e incluso do outro lado de Miño. Por outro lado, a formación musical de Sonsoles Penadique é envexable. Dende pequena estivo ligada á música tradicional como bailarina, cantante e gaiteira e comezou a estudar acordeón diatónico. Segundo din, "o amor pola literatura e a palabra falada xuntáronse co amor pola música e o universo da infancia, e aquí estamos ...". Nacen, cantan e musican historias, historias escoitadas nalgún lugar ou escritas nun libro, nacido nalgún lugar do ser”. 1 Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n 15500 Fene (A Coruña) Tfno. 981 492707 “Arrerú é unha palabra que vive na boca. Non significa nada, pero o A abre o asombro, o RRE a repetición e o RU a delicadeza. As palabras van acompañadas da musicalidade da voz, os ollos, os xestos, o tacto ...”.

HAPPY GOSPEL

Coa forza característica do Gospel, irrumpe este grupo, Happy Gospel cun concerto animado e moi divertido no que o experimentado conxunto fai unha viaxe pola música vocal gospel de diferentes países e épocas. Non só é a súa especialidade este tipo de música, senón tamén a música de cine, as cancións de amor e do mundo, e por suposto, as cancións espirituais tradicionais americanos.

Cultura

Publica o teu comentario agora