Arrinca a IV Mostra de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego

Arrinca a IV Mostra de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego

19 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Nesta cuarta edición da Mostra de Cinema Etnográfico Museo do Pobo galego que comeza hoxe, cintas como Eloxio da Distancia con guión de Julio Llamazares ou O Tempo de Recolleita de Félix Blume presentan historias do rural galego que se poderán ver xunto a filmes como Unidos por el Flow que conta o proxecto do Kasal de Joves de Roquetes con col

O cine ten sido un compañeiro continuado na actividade do Museo do Pobo Galego. O primeiro Presidente do Padroado, Xoaquín Lorenzo “Xocas”, que legou ao Museo a súa excelente obra intelectual, deixoulle tamén os dereitos sobre O carro e o Home, unha das películas fundacionais da cinematografía galega, da que fora guionista e artífice xunto ao director Antonio Román. Xunguindo cine e etnografía como xa fixeran Lorenzo e Román décadas atrás, vinculando o mundo audiovisual e o interese etnográfico de Galicia, a Mostra de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego conta cunha sección denominada “Espiello” na que se proxectan as cintas gañadoras na última edición deste festival oscense de cine documental. A sección “Carlos Velo”, é unha selección de documentais elixidos desde o propio Museo onde se prima a presenza de realizadores e realizadoras galegas.

Cultura