Arrinca o Festival de Jazz de Ourense con estrelas como Jon Faddis, Randy Brecker e Terell Stafford

Arrinca o Festival de Jazz de Ourense con estrelas como Jon Faddis, Randy Brecker e Terell Stafford

06 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O XIII Festival de Jazz de Primavera de Ourense dá comezo ás once desta noite no Café Latino co espectáculo musical de The Charlie Parker Legacy Band. Esta é só a primeira das oito actuacións previstas ata o 29 deste mes de maio. No programa destaca a presenza o día 17 de de The Trumpet Summit Band con Jon Faddis, Randy Brecker e Terell Stafford. O organizador

A maior parte dos concertos desenvolveranse no Café Latino, aínda que tamén haberá actuacións públicas na Praza de Santa Eufemia, no casco histórico de Ourense.

 

PROGRAMA:

6 de maio.- THE CHARLIE PARKER LEGACY BAND – Café Latino - 23.00 h - 15 euros

12 de maio.- JACOBO DE MIGUEL & TON RISCO “DÚO” - Café Latino – 23.00 h – 10 euros

17 de maio.- THE TRUMPET SUMMIT BAND (Jon Faddis, Randy Brecker e Terell Stafford) – Café Latino – 23.00 h – 20 euros

21 de maio.- JAM SESSION – Café Latino – 23.00 h

22 de maio.- THE NEW ORLEANS BLUE STOMPERS (con Wendell Brunious) – Concerto Público na Praza Sta. Eufemia - 23.30 h

24 de maio.- DADO MORONI TRÍO – Café Latino – 23.00 h – 15 euros

28 de maio.- “OPEN DOORS” ABE RÁBADE – Café Latino – 23.00 h – 15 euros

29 de maio.- METRO – Concerto Público na Praza Sta. Eufemia – 23.30 horas

 

 

Cultura