Arrinca a programación cultural do nadal

Arrinca a programación cultural do nadal

15 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes organiza o próximo venres 17 de decembro, na Biblioteca Municipal situada nos baixos da Alameda, unha nova sesión das Tardes de Contos e Lendas, dando así o pistoletazo de saída á programación cultural de Nadal.

Nesta ocasión os pequenos e pequenas ordenses poderán disfrutar dunha sesión dun divertido contacontos, na que o Paxe de Nadal Margarito contará dúas historias moi interesantes e divertidas. A actividade dará comenzo a partir das 19 horas e está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. 

A primeira das historias que contará este contacontos tan especial será a titulada “A flor do Alilá”, e a segunda historia tratará sobre as vacacións de Papá Noel. 

Dende a concellería de Cultura, o edil José Ramón Vázquez Raña anima a todos os pequenos ordenses a que participen nesta actividade que servirá ademais para que moitos deles poidan coñecer as novas instalacións da biblioteca que agora está ubicada nos baixos da Alameda.

Sociedade