Arte e natureza chegan da man de Land Art a Aldea Nova

Arte e natureza chegan da man de Land Art a Aldea Nova

09 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Land Art, protagonista do II encontro internacional Manuela Pérez Sequeiros de arte e natureza. Ao longo desta semana un total de 9 artistas de diferentes países daranse cita neste encontro cultural no que natureza e creación artística van dan man en Aldea Nova.

O Land Art é un movemento artístico que xordeu nos anos 80 a partir de artistas americanos. A idea era traballar coa natureza como elemento propio de creación e que o home non fose tan deshumanizado.

Pois ben, isto é o que o Comisario do Encontro, Luis Rapela, quixo trasladar este movemento a Aldea Nova en Narón. Os artistas traballan co material natural que atopan nese entorno, configurando así verdadeiras obras de arte.

Entre as obras que están xa facendo os artistas, destaca a dunha muller austríaca. Trátase dunha homenaxe á auga en forma de lagoa cun símbolo de paz. O ferrolán Eduardo Hermida, despois das Meninas de Canido, tamén está a participar neste encontro cun autorretrato feito con troncos de madeira.

Desde logo, este encontro é unha iniciativa novidosa e diferente. Non todos querían colaborar pero a finada edil naronesa Manuela Pérez Sequeiros apoiou este proxecto desde o principio.

Da primeira edición Rapela só ten bos recordos, afirmou que foi unha gran experiencia artística e aínda hai algunha das obras realizadas en Aldea Nova.

Cultura