Artemur, unha mostra dos traballos de mulleres emprendedoras no rural

Artemur, unha mostra dos traballos de mulleres emprendedoras no rural

10 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O 17 de marzo inaugúrase en Lugo unha nova edición da Feira Artermur, unha nova proposta enmarcada nos actos de conmemoración do Día Internacional das Mulleres. Unha mostra que naceu hai cinco anos grazas ao esforzo de FADEMUR (Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales), organismo que traballa en prol do recoñecemento do papel que desempeñan as mulleres na estabilidade e o desenvol

19 firmas encabezadas por mulleres, cunha media de idade de 35 anos, exporán durante os días 17 e 18 de marzo os seus traballos, artesáns e gastronómicos, nos stands situados baixo a carpa instalada na praza de Anxo Fernández Gómez, detrás da Casa do Concello. Un escaparate perfecto, tendo en conta que a participación nesta feira é gratuíta (todas puideron ocupar os stands a custo cero) e que en anteriores ocasións se acadou un volume de negocio de entre 5.000 e 6.000 euros.

Das 19 emprendedoras galegas que participan (11 procedentes de Lugo, 5 da Coruña, 2 de Pontevedra e 1 de Ourense), porán á venda unha grande variedade de pezas de artesanía: olería, encaixe, xabóns, complementos elaborados en vidro e arxila, traballos en coiro e de tear, cestería, etc., así como produtos gastronómicos como mel, pan, licores, viños, derivados da castaña ou do leite. Outro tipo de iniciativas, tales como establecementos de turismo rural ou cooperativas prestadoras de servizos, tamén terán un oco para ofrecer información acerca da súa actividade. A feira terá abertas a súas portas toda a fin de semana, en horario de 10:30 a 14:00 horas e 16:30 a 21:00 horas.

 

Sociedade