Artesanía e Rock and Roll dánse a man en San Valentín

Artesanía e Rock and Roll dánse a man en San Valentín

16 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Paseo marítimo de San Valentín- Fene- acolle un ano máis a Feira de Artesanía. 30 postos abren nas inmediacións do pavillón da Xunqueira a partir das seis desta tarde. A asociación O Tadetas organiza ademais unha gran churrascada para o domingo. Serviráse ao prezo de 10 euros o prato, segundo sinalou a Radio Fene o directivo da entidade Xosé María Permuy. Os máis pequenos poderán disfrutar de paseos en ponis e de n&

IX Fenerock

Tamén en San Valentín pouco falta para que soe a música da novena edición do Fenerock. Esta noite actuan Sonutopia, Los Eternos e Debosses. Cada grupo tocará unha hora e media, segundo explicou o membro da organización Maikel Rodeiro, para facer o festival máis dinámico. Mañá sábado continua o Fenerock con  El Gran Wyoming e Os Insolventes, Dr.Robert e Capitan Morgan. Como todos os anos, entrada libre, baixo carpa e zona de acampada.

Sociedade