Artistas e científicos xúntanse na barra do bar

Artistas e científicos xúntanse na barra do bar

29 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Durante os próximos días celebrarase unha nova edición dos Café Teatro Científicos que organizan Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, pertencentes ao departamento de investigación Neurocom, da Universidade da Coruña. Estes encontros levan por título xenérico “Que pasaría se xuntásemos nun bar a…” e teñen como obxectivo achegar dúas disciplinas en principio tan afastadas como a artística e a

Xa na xornada do xoves 4 de novembro, no mesmo escenario e á mesma hora, xuntaranse o actor César “Goldi”, a matemática e profesora da Universidade de Santiago Elena Vázquez e o neurofisiólogo Casto Rivadulla, que é profesor da Universidade da Coruña e organizador destas xornadas. O ciclo en Redondela pecharase o sábado 20 de novembro, coas intervencións do actor Vicente de Souza, o biólogo e investigador do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán Luis Sampedro, e o ecólogo e profesor da Universidade de Vigo Alberto Sampedro.

Santiago de Compostela será escenario tamén destes café teatro científicos, cunha sesión o xoves 11 de novembro no local Malas Pécoras, na Algalia de Abaixo, ás 22.30 horas. Reuniranse nesa ocasión os actores César “Goldi” e Vicente de Souza e os neurofisiólogos Xurxo Mariño e Casto Rivadulla.

Cultura