Arzúa estreará nos vindeiros días as pistas de pádel e voleibol

Arzúa estreará nos vindeiros días as pistas de pádel e voleibol

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Xunta de Goberno Local do Concello de Arzúa acordou o pasado venres a adxudicación provisional do contrato para levar a cabo a xestión das instalacións deportivas municipais destinadas á práctica do pádel e voleibol á empresa Aquagest. A empresa dispón dun prazo de 15 días hábiles para aportar a d

Unha vez o goberno proceda á adxudicación definitiva do servizo, as pistas de pádel e voleibol entrarán en funcionamento e poderán ser empregadas por todos os veciños e veciñas de Arzúa que queiran poñer en práctica dúas novas modalidades deportivas. O prezo establecido para o uso das instalacións é de 6 euros a hora para cada unha das pistas de pádel; o uso da pista de voleibol será de carácter gratuíto. A empresa adxudicataria será a encargada de tramitar a xestión das reservas e de realizar o correspondente cobro polo uso das instalacións, que entregará ao Concello o 80% do importe recadado, tal e como se establece no prego de contratación do servizo.

As novas instalacións deportivas están situadas no Complexo Deportivo de O Viso. Son, en concreto, dúas pistas de pádel e unha de voleibol. Contan coas medidas regulamentarias e no caso das pistas de pádel están dotadas de paredes de cristal e chan de céspede artificial.

O goberno municipal investiu na construción desta infraestrutura un total de 130.914 euros coa finalidade de diversificar a oferta deportiva posta ao servizo dos veciños do municipio que xa dispoñen no mesmo recinto deportivo dun campo de herba artificial, un pavillón polideportivo, unha pista de atletismo, unha piscina descuberta e dúas novas pistas de tenis. Na actualidade tamén se está renovando o gradarío do campo de fútbol mediante un investimento de 600.000 euros.

Outra circunstancia que motivou a creación destas instalacións deportivas foi a grande afección ao deporte existente no municipio. O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, sinalaba esta mañá que “este ano máis de 300 veciños teñen solicitada a súa participación nalgunha das modalidades que se ofertan a través das escolas deportivas municipais e tamén son moitos os outros que practican deporte por libre ou que pertencen a algunha das numerosos asociacións deportivas no noso concello e que teñen demandado estas infraestruturas”.

Institucional