Arzúa recupera o programa “Coñece o teu país” de cara ao verán

Arzúa recupera o programa “Coñece o teu país” de cara ao verán

01 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa poñerá en marcha de cara a este verán unha nova edición do programa de visitas culturais ás catro provincias galegas, denominado “Coñece o teu país”. As datas elixidas para cada unha da viaxes coincidirá co primeiro sábado de cada mes, tendo lugar a primeira excursió

A boa acollida que tiveron as viaxes programadas dende a Concellería nas pasadas edicións animou aos responsables a dar continuidade á devandita iniciativa con novas visitas a diferentes lugares da xeografía galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro (ambos inclusive).

Segundo as bases dadas a coñecer pola persoa responsable do Departamento de Cultura, Xosé Luís García, todas as persoas interesadas en participar no devandito programa deben estar empadroadas no Concello de Arzúa, achegarse persoalmente ao Departamento de Cultura, situado actualmente no Centro Socio Cultural María Mariño, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante.

As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, os asentos serán numerados e terase en conta a asistencia ao resto de actividades culturais organizadas polo propio departamento no caso de que as solicitudes sexan máis numerosas cás prazas dispoñibles.

Todas aquelas persoas que desexen apuntarse á primeira viaxe organizada polo Departamento de Cultura para o vindeiro 6 de xuño pola costa sur da nosa provincia, poden facelo a partir do vindeiro luns, 1 de xuño, no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30h e as 15:00h .

Cultura