Arzúa recuperará os carballos do recinto feiral da vila

Arzúa recuperará os carballos do recinto feiral da vila

07 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A empresa Arbogal 2007 será a encargada de desenvolver nos vindeiros meses un amplo proxecto de recuperación de todas as árbores existentes no entorno do Recinto Feiral Terra do Queixo; así o decidiu a Xunta de Goberno de Arzúa no día de onte ao adxudicar a esta empresa, por valor de 90.000 euros, os traballos que permitirán rematar coa perda de vigor e caída d

Esta actuación está incluída dentro dos proxectos que o Concello de Arzúa presentou para o seu financiamento a través do Fondo Estatal de Investimentos Locais; coa finalidade de non interferir coa feira o proxecto contempla a substitución do pavimento en fases e nel garántese a axeitada transpiración e drenaxe das árbores ademais dos correspondentes traballos de arboricultura e paisaxismo.

Os traballos permitirán, ademais, a reposición do pavimento e a construción de alcorques de lastra e bordos protectores para as árbores xunto coa plantación de novas especies de carballos de procedencia galega e planta seleccionada.

O proxecto significa un paso moi importante de cara "á conservación dun patrimonio natural co que nos identificamos todos os arzuáns", sinalou esta mañá Leonardo Bermúdez, concelleiro de Medio Ambiente, engadindo ademais que “os carballos do recinto feiral contan xa cunha longa historia e teñen sido testemuñas directas dos feitos máis salientables acaecidos no municipio, a maioría deles son xa árbores centenarias que precisaban dun plan de rexeneración e conservación como o que temos deseñado coa idea de que sigan formando parte da historia de todos os arzuáns durante moitos anos máis".

 

Sociedade