Arzúa reviviu a noite máis curta e máxica do ano co resplandor de 162 cacharelas

Arzúa reviviu a noite máis curta e máxica do ano co resplandor de 162 cacharelas

24 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A pasada noite arderon en Arzúa 162 cacharelas, que congregaron a centos de veciños e veciñas en diversos puntos do municipio, tanto do núcleo urbano como da zona rural, na máxica noite de San Xoán. Ningunha parroquia de Arzúa foi allea a esta celebración que popularmente representa o comezo do verán. A tota

A inmensa maioría das cacharelas que na pasada noite arderon en Arzúa fixéronse en fincas privadas e particulares, se ben algunhas delas tamén se rexistraron en lugares públicos, como é o caso do tradicional Castelo do San Xoán de Santa María, que situado ao carón do local social parroquial foi caldeando o ambiente baixo a atenta mirada de centos de persoas.

Xunto con esta, tamén foron numerosas as fogueiras que dende a media noite de onte alumeaban ao carón dos locais sociais das outras parroquias e que, na súa inmensa maioría, estaban organizadas polas diversas asociacións veciñais que xunto á fogueira fixeron que non faltaran as tradicionais sardiñas, viño e música para espantar o meigallo e cumprir así coa tradición.

Notables foron tamén as fogueiras que cada quen organizou a nivel particular, aproveitando esta data para prender lume a aqueles materiais que non xa non prestan servizo e que si se prestan para unha ocasión coma esta.

Foi sen dúbida o San Xoán máis concorrido en Arzúa nos últimos anos, xa que o número de fogueiras rexistradas na casa consistorial nunca tiña alcanzado unha cifra tan alta. O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, agradecía esta mañá a colaboración dos veciños e veciñas do municipio que non só “fixeron o esforzo de achegarse ao Concello para dar conta do lugar onde ían organizar a fogueira senón que actuaron de xeito responsable vixiando o lume e evitando así que se producira calquera tipo de incidencia”

Sociedade