Asamblea informativa de AFACO coas mutuas e a promoción da Segunda como temas centrais

Asamblea informativa de AFACO coas mutuas e a promoción da Segunda como temas centrais

13 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As 20.00 horas nos locais da Solaina en Narón reunírase os clubs asociados de AFACO. A directiva informará sobre a situación da mútua dos futbolistas asi como da problemática creada trala impugnación da promoción dos segundos clasificados nos grupos da Segunda Autonómica de Fútbol de A Coruña. Tamén se ampliará información sobre o convenio asinado entre a Federación Galega de Fútbol e a Escola Uni

A impugnación por parte dos clubs pertencentes á Delegación da Coruña pode paralizar o proceso de promoción dos segundos clasificados nos catro grupos de Segunda Autonómica da provincia de A Coruña (Ferrol, A Coruña, Santiago e a Costa da Morte). A Coruña que ten moitos equipos na Segunda Autonómica de Ferrolterra non creou dous grupos e polo tanto o segundo clasificado tiña opción directa ao ascenso. No último pleno da Federación, os clubs de Santiago e de Ferrol uniron os seus votos para presentar unha moción onde se requeria da Federación o troco do ascenso do segundo clasificado. Deste xeito, se xogaría unha promoción entre os segundos clasificados dos catro grupos. A Coruña recurriu a proposta.

Deportes