Asasinaron a Alexandre Bóveda un 17 de agosto

Asasinaron a Alexandre Bóveda un 17 de agosto

16 de Agosto, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O 17 de agosto asasinaron a Alexandre Bóveda, hai mañá 80 anos. Para lembrar esta data, Marea Pontevedra organiza un acto cívico institucional o mércores 17 ás 12,00 horas diante das escalinatas de San Francisco (antiga sede de facenda onde desenvolveu o seu importante traballo Bóveda) no que intervirán, entre outros, Xosé Manuel Beiras e o candidato Luís Villares.

Este ano cúmprese o 80 aniversario de dous acontecementos que son centrais para a nosa historia contemporánea.
A entrega por parte dunha delegación encabezada polo alcalde de Compostela, Anxel Casal, do estatuto de Autonomía de Galicia plebiscitado favorablemente polo pobo galego, ao goberno da República. Días despois, o 17 de agosto, o asasinato polos golpistas fascistas da alma do partido galeguista e da nación, Alexandre Bóveda.

No acto intervirán:

Luís Rei. Concelleiro de Pontevedra

Mar Blanco. Concelleira da Estrada

Vanessa Angustia. Senadora

Xosé Manuel Beiras. Coordinadora da Marea Galega

Luís Villares. Candidato á presidencia da Xunta de Galicia

Sociedade